Istoria
O viño do Ribeiro, un dos máis antigos de España, se escanciaba nas copas dos Césares Romanos, e segundo Estrabón, estes conquistadores foron os que implantaron a viña nesta zona.
As peregrinacións a Santiago de Compostela desenvolveron o viñedo en Galicia; nesa época o máis famoso viño español era o de Ribadavia.
Nos séculos XV e XVI coñece os seus momentos de esplendor, os brancos teñen nos ingleses os seus mellores clientes pero serían os propios galegos os que arruinarían o puxante negocio, cando a finais do século XVI conseguiron que se prohibise a exportación. O motivo era que as vendas aos ingleses encarecían o produto e os galegos non podían gozar dos seus viños.
Os monxes do Mosteiro de San Clodio, no século XI posuían extensas propiedades, a maior parte delas dedicadas ao cultivo da vide, construíndo o Priorado de Vieite (antiga Vila Benedito) rodeado tamén de cepas traídas do val do Rhin.
Na década dos 90, comeza a reconversión dos viñedos do Priorato de Vieite, recuperando as variedades autóctonas da Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga de Galicia, plantando fundamentalmente a variedade Treixadura. Anos máis tarde, cerca do Priorato inagúrase no 2006 a Bodega Pazo de Vieite S.L. que consta dunha elevada tecnoloxía para elaboración de viños de calidade.